lunes, 16 de agosto de 2010

Instalar un artefacto manualmente en Maven dende eclipse

Como a moitos vos pasará, hai algunhas veces nas que temos un jar dun paquete determinado que non está nos repositorios de maven e o queremos instalar no repositorio local para que o poidan descargar e usar as nosas aplicacións que teñen esa dependencia. Dende a liña de consola de maven isto se consigue co seguinte comando:
mvn install:install-file -DgroupId=group-id -DartifactId=artifact-id -Dversion=version -Dpackaging=jar -Dfile=filepath
Isto tamén se pode facer dende eclipse se temos o plugin m2eclipse instalado, dende o menú File > Import, dentro do grupo Maven, atopamos unha opción Install or deploy an artifact to a Maven repository que nos abre un wizard que permite especificar o ficheiro e todos os parámetros que se definen por consola e fai a importación ao repositorio local de maven.

lunes, 10 de mayo de 2010

nova web

Xa temos publicada a nova web de isenda. A que tiñamos ata o de agora era moi vella e non dicía exactamente o que facemos, xa que daba maior importancia ao mantemento que ao desenvolvemento, que realmente é o único que facemos e ao que estamos orientados.

martes, 16 de marzo de 2010

Ajax, Wicket y wicket:container

Hoy es uno de esos días en que te pasas horas intentando conseguir que algo funcione y no hay manera de conseguirlo.
En este caso, era tan simple como hacer que un AjaxLink actualizase los nombres de unas etiquetas en una página de Wicket. Parece simple.


final Label etiqueta = new Label("etiqueta", "texto de la etiqueta");
etiqueta.setOutputMarkupId(true);

add(etiqueta)

AjaxLink<Void> enlace = new AjaxLink<Void>("enlace") {
@Override
public void onClick(AjaxRequestTarget target) {

etiqueta.setDefaultModelObject("nuevo texto");
target.addComponent(etiqueta);
}
};


...pero esto no funcionaba, y al abrir la ventana de Wicket Debug tenía un mensaje parecido al siguiente: wicket ajax Component with id [[etiqueta53]] a was not found while trying to perform markup update, cosa inexplicable.

Tras investigar e investigar me di cuenta de que en el HTML asociado, la etiqueta se añadía de la siguiente forma:


[Texto de la etiqueta]


...y aquí estaba el problema. Realmente no se necesitaba que el texto fuese entre ningún tag especial, como span o div, por eso se utilizó <wicket:container>. El problema es que al no introducirse ningún tag para ese elemento tras la sustitución de valores, tampoco era actualizable vía Ajax. Al cambiar el <wicket:container> por un tag <span>, todo se solucionó.

jueves, 11 de febrero de 2010

Ruby e os frameworks de derradeira xeración

RoR (Ruby on Rails) é o framework de desenvolvemento rápido de aplicacións web de moda. A verdade é que, fóra deste framework, Ruby como linguaxe non se utiliza para case nada.
Eu, persoalmente, non creo que unha elección da tecnoloxía a utilizar para realizar os desenvolvementos dunha empresa se teña que axustar á "moda"; e menos se é unha moda tan collida polos pelos.
Ruby está estancado en menos do 2,5% no ranking de utilización de linguaxes de programación dende o 2007 - segundo TIOBE
E que ademáis depende para o seu éxito do uso dun framework concreto.
Opcións coma PHP ou o propio Java teñen unha aceptación moito maior - tanto por parte das empresas de hosting como por parte dos clientes finais - e frameworks tan bos ou mellores que RoR (como CakePHP e outros para PHP ou Play para Java).

O problema é que moita xente que usa RoR - e mesmo Java - son os que eu denomino"puristas", que consideran que PHP non é unha linguaxe seria. Sen embargo, eu creo que o problema non está nas linguaxes senón nos enxeñeiros e profesionais que as utilizan. Por iso eu aposto por Java e por PHP, porque me parece que se poden facer as cousas igual ou mellor que con RoR e pola súa estandarización e soporte da comunidade, empresas e proveedores de servizos.

miércoles, 9 de diciembre de 2009

nace o blog

Nace o blog de isenda, un espazo onde publicaremos información sobre os traballos que realizamos, así como solucións a problemas deses imposibles difíciles de solucionar para que outros non teñan que pelexarse co mesmo.
Os nosos pensamentos, inquedanzas ou frikidades varias, tamén terán cabida neste espazo, no que estará todos eses contidos desestruturados que nunca sabes onde poñer. Esperamos poder transmitir un pouco máis o noso traballo, ideas e cousas varias que saen das nosas cabezas.