jueves, 11 de febrero de 2010

Ruby e os frameworks de derradeira xeración

RoR (Ruby on Rails) é o framework de desenvolvemento rápido de aplicacións web de moda. A verdade é que, fóra deste framework, Ruby como linguaxe non se utiliza para case nada.
Eu, persoalmente, non creo que unha elección da tecnoloxía a utilizar para realizar os desenvolvementos dunha empresa se teña que axustar á "moda"; e menos se é unha moda tan collida polos pelos.
Ruby está estancado en menos do 2,5% no ranking de utilización de linguaxes de programación dende o 2007 - segundo TIOBE
E que ademáis depende para o seu éxito do uso dun framework concreto.
Opcións coma PHP ou o propio Java teñen unha aceptación moito maior - tanto por parte das empresas de hosting como por parte dos clientes finais - e frameworks tan bos ou mellores que RoR (como CakePHP e outros para PHP ou Play para Java).

O problema é que moita xente que usa RoR - e mesmo Java - son os que eu denomino"puristas", que consideran que PHP non é unha linguaxe seria. Sen embargo, eu creo que o problema non está nas linguaxes senón nos enxeñeiros e profesionais que as utilizan. Por iso eu aposto por Java e por PHP, porque me parece que se poden facer as cousas igual ou mellor que con RoR e pola súa estandarización e soporte da comunidade, empresas e proveedores de servizos.